13/05/2022 Expo xente do mar en Culleredo

O vindeiro venres 13 de maio ás 20:00 h inaugúrase a exposición da asociación XENTES DO MAR en Culleredo.
Como podedes ver no cartel que prepararon desde a Concellería de Cultura, as fotografías da exposición estarán instaladas na AULA DA NATUREZA "JUAN LEMBEYE" do Xardín Botánico do Burgo (no paseo marítimo).
A exposición poderá verse os mércores, xoves e venres de 18:00 a 21:00 desde o 13 de maio ata o 23 de xuño.
Animámosvos a que a visitedes e gocedes de ela!