03-02-2024 Curso iniciación

 

O sábado 3 de febreiro deste 2024, Foto Acción Coruña impartirá o taller de iniciación á fotografía na súa sede do Centro Cívico de Monelos (ximnasio, planta sótano), en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30.

Ao longo desta xornada poderemos coñecer os diferentes tipos de cámaras e de lentes para saber cales son as máis adecuadas para nós, os diferentes tipos de enfoque, como funciona o exposímetro e os seus diferentes modos para medir a luz con precisión, aprenderemos a interpretar o histograma e a dominar o triángulo de exposición, a lei de reciprocidade e o balance de brancos. Remataremos a día vendo uns conceptos básicos sobre a luz e a composición e tratando de abrir un xanela ca intención de comezar a entrever o que hai na fotografía despois da técnica.

Ademais, o sábado 17 de febreiro, como continuación deste taller, as persoas asistentes poderán participar na nosa sesión de fotocrítica, na que as invitamos compartir con nós as fotografías que tomaran tanto  no taller como nos días posteriores, para poder resolver as posibles dúbidas e aprender xuntas das súas evolucións.

Como sempre fixo a nosa asociación con este taller, será de balde tanto para persoas asociadas como non asociadas.
 
Se aínda non estás asociada a Foto Acción e che gustaría participar en este taller, podes reservar a túa praza escribíndonos a:
fotoaccioncoruna@gmail.com